![]() (Béjar 1965)
Naceu en Béjar (Salamanca), mais é orixinairo do Valledor (Terra Eo-Navia, Asturias), tendo o galego como lingua familiar. Reside desde 1974 en Madrid, sen nunca perder a súa vinculación con Asturias nin coa lingua galega. Estudou Maxisterio, licenciouse en Filoloxía Inglesa e doutorouse en Filoloxía Románica, especialmente nos ámbitos galego-portugués, asturleonés e araborrománico. Unha das súas paixons é a literatura, tendo dado ao prelo varios volúmenes de narrativa infantil e contando cunha considerabel producción poética. Dirixe varias publlicación literarias, entre as que compre citar O espello, suplemento literario, e Roibén, colección de poesía. |